viernes, 11 de septiembre de 2009

futbol


fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van acotío ó estadio pra apoiar ó seu equipo favorito. Os países de Europa, África e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, CONCAF (antes CONCACAF); e en Sudamérica á CONMEBOL.

Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire. En canto a clubs, pódese seguir considerando como torneo máis importante a Copa Intercontinental, que enfrenta ó campión de Europa e ó campión de Sudamérica. Sen embargo, a creación do Campionato do Mundo de Clubs da FIFA, o Mundialito, faría que se puidera considerar como o máis importante, xa que participan os mellores equipos de cada federación continental. Nembargantes, só se disputou unha edición e a segunda tivo que ser suspendida, polo que a súa consolidación está lonxe de realizarse.

fuente: google

No hay comentarios:

Publicar un comentario